A Plataforma14 do Fórum inaugura ‘Orballo do bosque cerúleo’, de Sandra Villar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Plataforma14, sala de exposicións situada no Fórum Metropolitano, acolle dende hoxe e até o 28 de febreiro a mostra Orballo do bosque cerúleo , da artista Sanda Villar Varela. Este espazo, dependente da área de Participación e Innovación Democrática, e coordinada polo Centro Municipal de Información Cidadá (CMIX), pretende visibilizar a creación realizada polos e polas artistas emerxentes da cidade.

A exposición conta con oito esculturas cerámicas, unha mostra de xoias, dez ilustracións de carácter animalista, a unha instalación na que os e as espectadoras se adentrarán no ambiente do bosque oceánico. Neste mostra, na que a escultura ten un lugar predominante, mestúranse os animais e o entorno do océano e o monte, “un bosque oceánico que sofre a desolación causada polo home”.

O traballo de Sandra Villar, técnica superior en artes aplicadas á escultura e estudante de cerámica na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, está profundamente ligado á natureza e, de forma especial, ao fondo mariño. Para máis información acudir a www.coruna.es/cmix/plataforma14 .

25 de xaneiro de 2017 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.