publicidade hoxe

A OMIX de Ames abre o prazo de inscrición para participar no curso básico de lingua de signos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza para finais deste mes de xaneiro un curso básico de lingua de signos, que se desenvolverá a partir do día 23 todos os luns na Casa da Cultura de Bertamiráns, e todos os martes na Casa da Cultura do Milladoiro. As inscricións poden tramitarse desde hoxe luns, 2 de xaneiro, ata o próximo día 16. Trátase dun curso básico de 30 horas de formación dirixido aos mozos e mozas a partir de 16 anos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición.

O curso básico de lingua de signos desenvolverase por primeira vez no Concello coa intención de que os participantes coñezan e aprendan na súa fase inicial unha linguaxe coa que romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción social e comunicativa coas oíntes. Trátase dun curso de 30 horas de duración para o que se ofertan 15 prazas que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. O curso desenvolverase a partir do día 23 de xaneiro, todos os luns na Casa da Cultura de Bertamiráns e todos os martes na Casa da Cultura do Milladoiro. O horario será de 18:00 a 20:30 horas.

Para participar do mesmo hai que cubrir a ficha de inscrición e enviala xunto coa fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 616 083 229. 

2 de xaneiro de 2017 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.