publicidade hoxe

A Oficina de Voluntariado de Ames organiza unha campaña de recollida de alimentos e roupa para os refuxiados de Thesalonika

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) fai un chamamento para que a veciñanza amesá participe na campaña de recollida de alimentos e roupa que acaba de poñer en marcha hai uns días, para enviarlles aos refuxiados que se atopan na localidade grega de Thesalonika. Esta campaña lánzase co obxectivo de xuntar roupa de abrigo e alimentos non perecedoiros, debido á vaga de frío que está habendo en toda Europa durante estas últimas semanas. A recollida farase ata este mércores 25 de xaneiro. O envío dos produtos recadados faino a ONG Families4Peace, a través da Fundación Seur.

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, vén de organizar unha nova campaña de recollida de roupa e alimentos non perecedoiros para os refuxiados que se atopan na localidade grega de Thesalonika. Trátase dunha iniciativa solidaria posta en marcha de xeito urxente para recadar roupa de abrigo, térmica ou moi quente (abrigos, chuvasqueiros, roupa interior nova de home ou e muller, gorros, luvas, botas de tallas grandes, roupa térmica, roupa de home, etc.) e comida (conservas de peixe, marmelo, galletas, cuscús, arroz, azucre, té, café…) debido á vaga de frío que está afectando a toda Europa. 

As persoas que desexen colaborar nesta iniciativa solidaria pódeno facer ata este mércores 25 de xaneiro. Para elo poden deixar roupa de abrigo ou comida nas Casas da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro en horario de 9:00 a 14:00 horas. O envío dos produtos recadados faino a ONG Families4Peace, a través da Fundación Seur. Para obter máis información sobre esta campaña pódese chamar ao número de teléfono 662 377 044, pertencente á Oficina de Voluntariado de Ames, ou enviar un correo electrónico aos enderezos voluntariado@concellodeames.gal ou families4peace2gmail.com. 

23 de xaneiro de 2017 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.