publicidade hoxe

A mellora do Camiño Real, en Oza-Cesuras, reforza a seguridade nas comunicacións entre os núcleos do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOza/Cesuras
A-
A+
Ethel Vázquez na visita a Oza/Cesuras. Foto: M. Fuentes

Ethel Vázquez na visita a Oza/Cesuras. Foto: M. Fuentes

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Oza- Cesuras, Pablo González, supervisou hoxe o remate das obras de mellora do Camiño Real, nas que o Goberno galego investiu preto de 620.000 euros.

Vázquez Mourelle explicou que se trata dunha actuación dunha importancia estratéxica para os veciños deste municipio xa que ademais de incrementar a seguridade, reforza as comunicacións internas entre os núcleos de Cesuras e Oza dos Ríos, fusionados agora nun único concello. Concretou que tamén incide nunha mellor conexión con municipios próximos, ao finalizar no entronque coa estrada que vai a Betanzos e ao concello pontevedrés de Agolada, a AC-840.

As obras consistiron na ampliación da vía ao longo de 3,5 km co obxectivo de favorecer a circulación, de vehículos e de peóns, facéndoa tamén máis segura. Para iso, ensanchouse a calzada ata os 7 metros, o que permitiu a sinalización de dous carrís de circulación, un en cada sentido.

Tamén se construíu unha senda peonil de metro e medio de ancho por unha das marxes do camiño, separada con balizas para reforzar a seguridade dos peóns e rehabilitouse o firme para facer a vía máis cómoda e segura para todos os usuarios.

Incremento da seguridade

Por outra parte, a conselleira subliñou que a seguridade viaria é unha das máximas prioridades da Consellería de Infraestruturas, polo que este ano está prevista a construción de beirarrúas nun treito de 400 metros na estrada AC-840, no entorno de Parada.

Ethel Vázquez tamén salientou que a Xunta, no marco do Plan de Reforzo de Firmes, ten xa redactado e en fase de supervisión o proxecto para a mellora do firme na AC-840. Precisou que previsión do seu departamento é licitar as obras este mesmo ano, ás que se destinarán máis de 390.000 euros.

A responsable de Infraestruturas tamén indicou que, atendendo á solicitude dos veciños da Barranca, a Xunta xa lle solicitou á DXT a instalación dun radar na zona, que actúe como elemento disuasorio ante o exceso de velocidade, e incida así na seguridade. Neste sentido, Vázquez Mourelle sinalou que o Executivo autonómico está a facer importantes esforzos por garantir a seguridade nas estradas, pero remarcou que é esencial a implicación de todos os cidadáns.

13 de xaneiro de 2017 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.