publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Guarda contratará 17 persoas para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O concello da Guarda informa de que proximamente procederá á contratación de 17 persoas para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

De estas 17 persoas, 11 estarán contratadas a xornada completa durante 10 meses. Dentro deste grupo estarán as persoas destinadas á limpeza viarias, á reparación e mantemento das rúas e á recollida do lixo.

Outras catro persoas terán un contrato de 25 horas semanais durante cinco meses e estarán destinadas á limpeza das praias. Neste caso, increméntase nun mes máis o tempo de duración do contrato con respecto ao ano pasado. 

Ademais ofertarase un emprego para un contrato de 25 horas semanais durante 8 meses para a vixianza do Castelo de santa Cruz e outro posto, a xornada completa durante 8 meses, como técnico informático. 

En breve o  concello da Guarda, previa autorización da deputación provincial, fará a oferta ao Servizo Público de Emprego de Galicia que será o encargado de facer a preselección. Esta será remitida ao propio concello, que realizará a selección final. 

Todos aqueles interesados en solicitar algún destes postos de traballo poderá atopar os códigos CNO aos que pertencen cada unha destas profesións na páxina web do concello www.aguarda.es e tamén solicitándoos no Rexistro do propio Concello da Guarda.

19 de xaneiro de 2017 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.