publicidade hoxe

A Guarda acolle a exposición dos gañadores do X Certame Viaxando ata o 31 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A OMIX da Guarda informa que dende esta segunda semana de xaneiro o edificio do Concello da Guarda alberga a exposición formada polas fotografías participantes no 10º certame fotográfico Viaxando. Este é un concurso organizado polas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e pola Casa de Xuventude de Tui no que participan mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega e do que este ano resultou gañadora unha moza da Guarda.

A exposición poderá ser visitada no concello ata o 31 de xaneiro de 2017, polo que se anima a tódolos veciños e veciñas a desfrutar destas impresionantes obras e en especial da fotografía gañadora: “La frontera entre el cielo y la tierra”, da guardesa Cristina Araujo Acevedo.

12 de xaneiro de 2017 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.