A Deputación subvenciona con 700.000 euros a contratación de técnicos deportivos nos concellos da provincia da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña subvencionará, un ano máis, a contratación de técnicos deportivos nos concellos da provincia. O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado venres, 20 de xaneiro, as bases da edición 2017 deste programa, que o ente provincial desenvolve dende hai anos e que está dotado cun orzamento de 700.000 euros.

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destacou que o programa ten “dúas importantes vantaxes”, xa que “contribúe a xeración de emprego na provincia, facilitando a contratación de 75 persoas durante un período de un ano en 2016” e, ao mesmo tempo, serve para que os municipios coruñeses “podan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación”, especialmente nenos e maiores.

A Deputación financiará ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros ao ano para aqueles municipios que opten pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poderán contratar tamén técnicos superiores de FP en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

23 de xaneiro de 2017 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.