publicidade hoxe

A Deputación da Coruña licita por 533.097 euros unha senda peonil na estrada de Bertamiráns a Ramallosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmes
A-
A+

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a licitación dunha senda peonil na DP 0205, no tramo de Bertamiráns a Ramallosa, pertencente ao concello de Ames cunha partida orzamentaria de 533.097 euros.

O proxecto contempla a construción da senda de 1,10 quilómetros de lonxitude e 1,80 metros de ancho, (990 metros pola marxe esquerda e 120 pola marxe dereita), entre os PK 0+780 e 1+830, a base de materiais como zahorra e formigón. Como actuación previa, faise necesaria a execución de movemento de terras de desmonte e terraplenado.

Tamén se construirán seis muros de contención de granito pola marxe esquerda, para a retención de terras. Inclúese ademais dentro dos traballos, a canalización de pluviais e iluminación, así como a colocación de nova sinalización horizontal.

As obras completanse coa execución de 35 pozos de rexistro con sumidoiro e colocarase ademais unha tubaría de PVC de 400 mm de diámetro e 1.120 metros de lonxitude.

A nova senda peonil na estrada de Bertamiráns a Ramallosa enmárcase dentro da terceira fase do Plan de sendas peonís 2016 impulsado polo ente provincial. As empresas interesadas na realización dos traballos, teñen de prazo ata o 30 de xanerio para presentar as súas propostas.

3 de xaneiro de 2017 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.