publicidade hoxe

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle unha mostra de pintura e modelado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O Concello de Ames, a través da Concellería de Educación e Cultura, convida aos veciños e veciñas ao acto de inauguración da mostra de pintura e modelado organizada pola Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT de Santiago de Compostela. Dito acto terá lugar este martes, 10 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta exposición permanecerá exposta neste centro socio cultural ata o 25 de xaneiro. 

Recentemente, dentro do programa de formación que desenvolve a Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT de Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación UNIATE e coa subvención do INSERSO, celebrouse na comarca de Compostela un curso de iniciación de pintura e modelado, no que participaron 11 persoas.

Froito dese traballo, organizouse unha mostra na que se recollen as obras creadas en dito curso. A inauguración desta exposición realizarase este martes, 10 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Milladoiro. Dende este entidade agradécenlle ao Concello, e particularmente á Concellería de Educación e Cultura, a colaboración prestada para levar a cabo o acto de inauguración e maila propia mostra.

9 de xaneiro de 2017 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.