publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Outes acolle a exposición do Certame Díaz Pardo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOutes
A-
A+

Até o vindeiro día 9 de febreiro permanecerá aberta na Casa da Cultura de Outes a exposición do XIV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Despois, a mostra viaxará ao concello de Carballo no que será o remate da súa itinerancia.
Despois de visitar oito concellos na súa itinerancia, a exposición coas obras seleccionadas polo xurado do XIV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da área de Cultura da Deputación da Coruña.

Como recollían as bases do certame, a Deputación mercou obra de catorce artistas seleccionados polo xurado das 169 creadores e creadoras que se presentaron con 294 obras. As obras seleccionadas polo xurado composto por Alfonso Abelenda, Ana Gándara, Santiago Juega, Xosé Díaz Arias de Castro, Yolanda Martínez, Marta Pardo de Vera e Juan Rodríguez-Lepina forman parte agora na mostra que ao longo do ano percorre dez concellos da Coruña.

Raúl Álvarez, Paula Aneiros, María Blanco, Pedro Bueno, Diego Cabezas, José Manuel Castro López, Felix Fernández, Alina Granados Ana Lamuño, María Meijide, Xosé Luis Otero Becerra, Rilo, David Catá e Vítor Rodríguez Espiñeira son os nomes dos e das artistas aos que a Deputación adquiriu obras que pasan a formar parte do seu patrimonio e compoñen a mostra que se pode visitar en Outes até o vindeiro 9 de febreiro. Xunto elas, súmanse na mostra outras pezas seleccionadas polo xurado das presentadas ao certame que chega neste ano a súa quince edición.

26 de xaneiro de 2017 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.