publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A cabalgata dos Reis Magos chegará o venres 6 a Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

Os reis magos chegarán puntuais a Castrelo de Miño o vindeiro venres día 6 ás 17 horas. Cargados de ilusión, de maxia e de agasallos para os pequenos de Castrelo, os reis farán parada no noso pobo coas súas carrozas e acompañados do seu cortexo de paxes, de bo ambiente e de música.

As súas maxestades partirán da ponte en Santa María, pasando por Barral e Prado, ata o colexio en Astariz, onde se atoparán a todos os nenos que esperarán por un agasallo. Ademais, tamén serán merecedores dos tradicionais caramelos, chocolate e rosca de reis para completar a noite máis máxica do ano. Por outra banda, unha delegación de paxes percorrerá as rúas de Macendo para repartir caramelos entre os pequenos que por alí atópense.

O cartel deste ano incorpora un debuxo dun alumno do CEIP de Castrelo de Miño, Esteban González Alonso, de 8 anos, gañador do primeiro premio do concurso do Colexio de Economistas de Ourense de felicitacións de nadal.

4 de xaneiro de 2017 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.