A banda Izal realizará un showcase no Playa Club da Coruña
Son unha das bandas do momento, e lévano demostrando xa un par de anos. Izal pegaron o volantazo cara ao éxito alá por 2013 co seu álbum “Agujeros de gusano” -co que xa visitaron a cidade cun directo na Sala Finisterrae-, e desde entón non pararon de cultivar éxitos.
O próximo 11 de febreiro actuarán no Coliseum da Coruña ante miles de persoas, un directo multitudinario dentro da súa xira “Copacabana” acompañados de Modelo de Respuesta Polar, pero os madrileños prepararon un aperitivo moi especial para os seus fans máis acérrimos: un showcase en formato íntimo no Playa Club que terá lugar o vindeiro venres 10 de febreiro, ás 21:30 horas, e ao que poderán asistir ao redor de 400 afortunados mediante invitación.
Aínda que a maioría das invitacións repartíronse xa -cortesía de EuropaFM e Renault (patrocinadores do evento), o Playa Club sorteará entre os seus seguidores varias entradas dobres para poder gozar deste concerto único. Para facerse cunha haberá que acudir á sala nas súas sesións Clasic do xoves 2 e sábado 4 de febreiro (desde as 4:00 a.m)











