publicidade hoxe

A Axencia de Lectura de Meiro organiza unha mostra do Quixote e un recital de poesía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Recital de poesía en Bueu

Recital de poesía en Bueu

A Axencia de Lectura de Meiro organiza este venres varias actividades culturais. Ás 19.30 horas, inaugurarase unha exposición sobre Miguel de Cervantes, na que tamén se representará unha fragmento teatral a cargo de dous alumnos do IES Johán Carballeira, dous eventos que se engloban no marco do IV Centenario da Morte de Cervantes. E a continuación, en torno ás 20.00 horas, é a quenda dun novo recital poético que conta coa participación de Míriam Ferradáns, Lucía Novas e Luís Chapela, poetas morracenses que lerán poemas posteriores a 1975, aínda que poden participar as persoas que o desexen. Ademais, o recital contará coa música en directo de Sara Piñeiro.

Ambas actividades están organizadas coa colaboración da Asociación de Veciños A Morada, a Biblioteca do IES Johán Carballeira, o Concello de Bueu e as librarías locais Marpau e Miranda.

A Axencia de Lectura de Meiro reabriu as súas portas o pasado outubro a cargo de Daniel Durán, un rapaz voluntario da aldea de Meiro, e o horario de apertura é de 18 a 21 horas os luns, e os martes, xoves, venres e sábados, de 16 a 21 horas. Ao longo deste tempo leva organizado recitais de poesía, obradoiros para os máis pequenos, xogos populares e tertulias literarias. Para poñerse en contacto coa axencia, pódese chamar ao 722 24 59 79 ou enviar un correo a axenciameiro@gmail.com.

24 de xaneiro de 2017 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.