publicidade hoxe

A Aula Cemit Celanova imparte por videoconferencia un curso a outras seis aulas Cemit

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

A aula de informática do Concello de Celanova ó longo de toda esta semana un curso, dentro do programa de Banco de Tempo posto en marcha pola Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) da Xunta de Galicia da que esta forma parte e que contou coa particularidade de que a través do sistema de videoconferencia tamén se beneficiaron desta impartición outras seis aulas CEMIT de Galicia, cuxos usuarios tiveron oportunidade de adquirir coñecementos dende a aula da súa propia localidade, se teren que se desprazaren a ningures

O programa forma parte das estratexias de colaboración entre tódalas aulas de informática de Galicia e está ideado para que os centros poida intercambiar horas de actividades e cursos entre as aulas participantes usando o sistema de videoconferencia.

O curso impartido nesta ocasión e con este sistema colaboativo a través de videoconferecia foi un curso básico de Deseño en Qcad impartido por o docente Julio Mosquera González cunha duración de 10 horas totais en horario de mañán de 10:00 a 12:30 horas e no que participan as aulas CeMIT Oroso, CeMIT Ortigueira, CeMIT Cuntis, CeMIT Santa Comba, CeMIT Fisterra e CeMIT As Pontes, a través do cál se están a formar 60 usuarios da Rede CeMIT.

Noutro ámbito de colaboracíon, pero neste caso máis próximo no espazo, foi o que tivo lugar o pasado mércores e por medio do cal os usuarios da Aula CEMIT da Bola presentaron en Celanova a composición audiovisual “O arqueólogo na Bola”, actividade na que se conxungan lendas e tradicións coa snovas tecnoloxías e novas linguaxes comunicativas.

A Aula de Informática de Celanova permanecerá pechada agora ata o día 1 de febreiro debido ás vacacióins do persoal que a atende, estando previsto que no próximo mes de febreiro volva reanudar a intensa acitivade que se desenvolve nela ó longo de todo o ano, coa celebración de diversos cursos de alfabetización informática.

13 de xaneiro de 2017 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.