publicidade hoxe

Un home ferido grave ao chocar un camión e un turismo en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+
Europa Press

A colisión dun turismo e un camión rexistrada na mañá deste martes no termo municipal de Guitiriz (Lugo) saldouse cun home ferido de carácter grave, que tivo que ser rescatado do coche.

Segundo informou o 112 Galicia, un turismo e un camión colidiron sobre as 6,20 horas na estrada N-634, no punto que enlaza coa A-6 en Guitiriz, en dirección a Santiago de Compostela. A causa do impacto, o condutor do coche quedou atrapado e sufriu lesións graves.

O coche e o camión, que transportaba leite, chocaron lateralmente e o condutor do turismo quedou atrapado no interior. Por iso, interviñeron os Bombeiros de Vilalba e os membros do GES de Guitiriz que, finalmente, liberaron ao ferido.

Ao lugar o 061, segundo indicaron fontes sanitarias, desprazou un médico do PAC da zona e unha ambulancia asistencial que evacuou ao ferido, o home J.G.L., de 72 anos, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. O 112 precisou que o varón presentaba lesións importantes na cara e nunha perna.

Foi un particular o que alertou os xestores do CAE 112 Galicia, que activaron un operativo que completaron os axentes de seguridade e un equipo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.

13 de decembro de 2016 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.