publicidade hoxe

Política Social amosa o seu compromiso coas persoas con dano cerebral adquirido na inauguración do novo centro de día da Asociación Sarela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Fabiola García na inauguración do novo centro de día de Sarela. Foto: C. Paz

Fabiola García na inauguración do novo centro de día de Sarela. Foto: C. Paz

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, acudiu á inauguración do novo Centro de día da Asociación Sarela, no que se prestará información aos seus usuarios, así como un programa de orientación e outras actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, coa fisioterapia ou coa logopedia. Nestas novas instalacións tamén se ofrecerá unha atención orientada á preparación e integración laboral e á promoción da autonomía persoal.

A titular autonómica salientou a importancia desta inauguración xa que “este centro naceu grazas ao esforzo, ao sacrificio e á motivación de familiares e amigos de persoas con dano cerebral adquirido”. Así mesmo fixo fincapé en que a administración pública e a sociedade en xeral debe impulsar políticas reais e efectivas. Por elo, a Consellería de Política Social investiu nesta asociación preto de 300.000 euros no 2016 para o mantemento de 23 prazas públicas no centro inaugurado hoxe. “Non nos debemos de conformar e temos que seguir a traballar para poñer en marcha novas medidas e novos programas para mellorar a atención ás persoas con discapacidade e aos nosos maiores, xa que a riqueza da nosa terra reside na diversidade”, afirmou Fabiola García.

A directora xeral lembrou que o compromiso da Xunta de Galicia tradúcese na aposta decidida por mellorar a calidade de vida daqueles que teñen limitada a súa autonomía persoal. “Queremos garantir máis e mellores servizos para todas as familias e dar cobertura ás persoas que máis o precisan”, explicou Fabiola García. Para elo, a administración autonómica buscará seguir contando cos concellos, que representan a porta de entrada aos servizos sociais, e con todo o tecido asociativo.

19 de decembro de 2016 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.