O presidente de Caype defende que se impartiron todos os cursos investigados na ‘Zeta’
O presidente da Confederación Española de Autónomos e Profesionais de España (Caype), Eliso Calviño, defendeu, á saída dos xulgados tras declarar pola ‘Operación Zeta’ -que investiga unha suposto fraude na obtención de subvencións públicas para cursos de formación”, que estas actividades “se impartiron”.
“Absolutamente todos”, dixo, aos xornalistas tras declarar durante aproximadamente hora e media, sobre os cursos organizados. “Se non estariamos a dicir que a Administración -na que incluíu tanto á central como laautonómica- está composta por unha panda de paifocos”, manifestou.
Pola súa banda, o seu avogado, Xoán Antón Pérez-Lema, mostrouse convencido de que este procedemento rematará en “sobresemento” e non descartou que o seu cliente emprenda, cando remate o proceso, accións penais polos “danos patrimoniais e de imaxe”.
En declaracións aos xornalistas, o presidente de Caype insistiu en que todos os cursos desta organización foron “antes de darnos o diñeiro, controlados polo Goberno central e a Xunta de Galicia”. “Se tiñan un fallo, ao ano seguinte non che daban nada”.
UNHA TRAMPA” A CRESPO
Como fixo antes de declarar, cuestionou o informe da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional e descartou calquera vinculación no seu caso cos feitos que se investigan. Preguntado polo feito de que se detectasen, segundo a investigación, algúns cursos con aulas baleiras sinalou que “iso non ten nada que ver con Caype”.
“Iso foi a trampa que lle puxeron a Gerardo Crespo para afundilo”, expuxo sobre o empresario coruñés e ao que os investigadores consideran o presunto líder da trama.
“Foron cinco cursos que se deron expresamente para afundilo e que o día que tiñan que empezar xa tiñan un inspector da Xunta dalgún amigo ou amiga de Gerardo que tiña na Xunta”. “Caype non era nin foi nunca amigo ou amiga da Consellería de Traballo”. Ademais, argumentou que “a partir de aí” o departamento autonómico “denunciou” ante a Fiscalía a Azetanet.
“ENREQUECIMIENTO” DA ADMINISTRACIÓN
Pola súa banda, o seu letrado Xosé Antón Pérez-Lema precisou que o seu cliente só contestou ás súas preguntas, en concreto a xestión entre 2004 e 2009. “Dos 4,7 millóns recibidos neses seis anos, só houbo dous expedientes de reintegro, por cantidades duns 200.000 e 100.000 nos exercicios 2007 e 2009,” segundo apuntou.
“Se os especialistas, Fundación Tripartita do Ministerio de Traballo, que controlan este diñeiro, determinan que só hai estes dous problemas como se pode defender por parte da Unidade de Delitos Fiscais da Policía e da Axencia Tributaria que haxa unha apropiación de 4,7 millóns de euros”, se preguntou.
Por outra banda, insistiu no “control” por parte da Administración dos cursos impartidos e recalcou que o que facía Caype era prestar un servizo á Administración que esta non facía “por xestión directa”.
“Ao final o que teñen as administracións públicas é un enriquecemento”, engadiu en liña co exposto este martes polo presunto líder da trama, Gerardo Crespo, tamén investigado pola actividade das súas empresas de formación.
SEN “DANO PATRIMONIAL”
Por iso, cuestionou que exista un delito de estafa continuado por parte do seu cliente xa que rexeitou que exista un “dano patrimonial” á Administración.
Inicialmente, nesta causa, foron citados en condición de investigados un total de 30 persoas. Nun posterior auto da xuíza, figuraron 25 novos investigados e outras 23 testemuñas.
Nela, investígase unha posible fraude no cobramento de subvencións tras recibir un atestado do Grupo de Delincuencia Financeira e Fiscal da Brigada Provincial da Policía Xudicial na Coruña.
En concreto, é polos delitos de fraude de subvencións ou estafa e malversación de caudais públicos, ademais doutros delitos conexos como falsidade documental, suborno e branqueo de capitais.