publicidade hoxe

O Pleno da Deputación de Pontevedra aproba o novo orzamento para 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe definitivamente o proxecto de orzamentos de 2017 que conta con 152,4 millóns de euros que se achegan a sumar ate os 155 millóns de euros se suman todos os organismos dependentes da institución provincial.

Con respecto ao orzamento do ano 2016 o novo proxecto para 2017 medra un 2,2 por cento sendo continuista nas liñas políticas afianzadas ao longo deste ano. A sesión plenaria de hoxe, a última do ano, rexeitou as alegacións presentadas e ratificou o texto definitivo das contas da institución provincial para o próximo ano.

O resumo das grandes cifras do orzamento se poden concretar no apoio aos concellos o través do “Plan Concellos 2017” cunha partida de 41,2 millóns, máis as liñas de axuda noutras áreas como son a implantación de novas tecnoloxías, o plan revitaliza, ou a protección de montes, entre outras, que a suman para asistencia económica e tecnicamente ós concellos se reserven 49 millóns de euros.

A outra gran partida do orzamento é a destinada a emprego, actividade económica e infraestruturas cun total de 34,5 millóns de euros en medidas que apoien e fomenten o crecemento do emprego provincial. Esta partida representa o 22,6% do orzamento, un 2,6% máis que no 2016.

A terceira gran partida e a adicada a Cohesión social, cultura, xuventude e deportes, aos que se engade o orzamento do Servizo de Igualdade. En total, 32,4 millóns, o 21,1% do orzamento, un 12% máis que no 2016.

No que respecta a emprego, a Deputación vai adicar no 2017 máis de 13 millóns destinados a fomentalo na provincia complétanse tamén coas axudas as empresas, especialmente Pemes, para que poidan crear novo emprego.

Catro millóns do orzamento e para continuar cun modelo de atracción turística que debe reforzar o pulo a unha atracción turística integral que vai rachando coa perspectiva estacional limitada e baseada nos tópicos de tratamento da provincia que estaban ao uso.

Outra das grandes cifras e dos grandes proxectos impulsados pola nova Deputación son os case catro millóns de euros, para o tratamento e xestión de residuos, para o subministro de composteiros e para mellora dos montes dentro do proxecto Revitaliza.

Outro dos obxectivo básicos dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2017 é a igualdade para que o se creou en 2015 un servizo adicado a elo. Neste orzamento reforzase os seus medios destinando máis dun millón de €, un 41,3% máis que no 2016.

O cuarto grande obxectivo é acadar unha maior cohesión social, apostar polos servizos, a xuventude, a cultura e o deporte. Neste campo, o servizo de cohesión social contará cun orzamento de 5,5 millóns de € para o impulso dos servizos sociais municipais, un 7,4% máis que no 2016. Tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns de € se destinarán ó Centro Príncipe Felipe.

En canto ós servizos lingüísticos e promoción cultural, se destinarán 3,7 millóns de €, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento.

28 de decembro de 2016 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.