O Mercado de Nadal da Deputación programa máis de 20 actividades para esta semana
Continúa a programación de actividades gratuítas e para todos os públicos que o Goberno da Deputación puxo en marcha a través do Mercado de Nadal, unha iniciativa que promove a artesanía e dinamiza o comercio lucense. Ademais, ata o 5 de xaneiro, está aberto o mercado de artesanía, que este ano conta con 11 profesionais do sector que amosan os seus traballos e produtos.
O horario do Mercado de Nadal da Deputación é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O 24 de decembro o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.
Programación actividades para esta semana
Luns 19 de decembro
– De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Amalgama (Pratería) no Mercado de Artesanía da Deputación.
– De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
– Ás 19:00 horas. Cantar Delas actuará na Praza de San Marcos, na Rúa do Progreso e na Rúa da Raíña.
– Ás 20:00 horas o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago actuará na Rúa da Raíña, na Praza Maior e na Praza do Campo.
Martes 20 de decembro
– De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Artesanía O mestizo (Marroquinería) no Mercado de Artesanía da Deputación.
– De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
– Ás 20:00 horas. Conxunto Vocal LUGH actuará na Rúa da Raíña, na Praza Maior e na Praza do Campo.
Mércores 21 de decembro
– De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Barro en Vivo (Cerámica) no Mercado de Artesanía da Deputación.
– De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
– Ás 19:00 horas. Schola Gregoriana Lucensis actuará na Praza de San Marcos, na Rúa do Progreso e na Rúa da Raíña. Ao mesmo tempo na Parroquia de San Francisco Xavier actuará a Coral Polifónica Xolda.
– Ás 20:00 horas. Coral Ecos do Miño actuará na Rúa da Raíña, na Praza Maior e na Praza do Campo.
– Ás 21:00 horas. Orfeón Xoán Montes actuará na Parroquia de San Froilán.
Xoves 22 de decembro
– De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Lanalutum (Cerámica) no Mercado de Artesanía da Deputación.
– De 16:00 a 21:00 horas. Figuras de Belén con material de refugallo
Utilizando diferentes materiais, tanto funxibles como de refugallo, levarase a cabo a representación manual plástica das 3 figuras máis representativas dun Belén: Xosé, a Virxe e o Neno Xesús. Unha creación, na que os verdadeiros protagonistas, serán os propios participantes.
– De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
– Ás 19:00 horas. Coral Polifónica Xolda actuará na Praza de San Marcos, na Rúa do Progreso e na Rúa da Raíña.
– Ás 20:00 horas. Coral do Hospital Xeral Calde actuará pola Rúa Bispo Aguirre, Rúa da Raíña, Rúa do Progreso e Rúa de San Marcos. Á mesma hora na Parroquia do Sagrado Corazón actuará o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.
Venres 23 de decembro
– De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
– De 16:00 a 21:00 horas. Adornos de neve 1: Bolas con porexpan
A decoración da árbore de Nadal, é un dos acontecementos máis entrañables e familiares desta época. É por iso que engadimos nesta programación a realización dun obradoiro doado e fermoso, na que os participantes decorarán bolas de porexpan con motivos propios desta data.
Sábado 24 de decembro
– De 12:00 a 13:00 horas e de 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
– O 24 de decembro ás 12:00 horas.- actuará o Coro San Antonio na Praza de San Marcos, Praza de Santo Domingo e na Rúa da Raíña. Á mesma hora, na Praza de San Marcos actuará a Asociación Músico Vocal Xeada.