publicidade hoxe

O Corredor do Morrazo reabrirá ao tráfico mañá ás 17,00 horas na operación especial de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta reabrirá mañá, día 21 de decembro, ás 17,00 horas o tráfico no Corredor do Morrazo e o manterá en servizo ata o vindeiro 8 de xaneiro, con motivo da operación especial que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) activa no período vacacional.

Desde o pasado 2 de novembro, o Corredor do Morrazo está pechado ao tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, pola necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores no transcurso das obras de conversión en Autovía desta infraestrutura.

Despois da paréntese do Nadal, o vindeiro día 9 de xaneiro o Corredor volverá a pecharse ao tráfico ata ata o remate das voaduras máis importantes.

Esta solución tomouse despois de analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores. Esta alternativa minimiza riscos e concentra os traballos de maior entidade no menor tempo posible, reducindo case á metade o prazo de execución dos desmontes previstos.

A medida está permitir que, ao longo do período de peche da circulación, os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía desenvólvanse de xeito continuo e a un ritmo moi intenso, con labores en domingos e festivos.

Durante o tempo de corte, a Xunta reforzou a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar.

20 de decembro de 2016 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.