publicidade hoxe

O Concello de Vigo e a APEC coinciden en que o AVE por Cerdedo é “irrenunciable”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoLocal PortadaVigo
A-
A+

O alcalde reuniuse este mércores con membros da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra que lle manifestaron a súa “total oposición” a calquera intento de frear a chegada da alta velocidade a Vigo.

Tras o encontro, Caballero deu a coñecer a súa “coincidencia absoluta” coa APEC na necesidade de que o AVE desde Vigo a Madrid vaia pola variante de Cerdedo e que non se sume media hora ao traxecto indo por Santiago, tal e como propón o Fomento.

Para os empresarios da construción esta variante é “irrenunciable” e non comparten en absoluto as opinións “dos que queren que vaiamos por Santiago”, de maneira que, segundo o rexedor, manifestaron a súa “total oposición” a calquera intento de frear, pospoñer ou paralizar para sempre o tren de alta velocidade a Vigo.

28 de decembro de 2016 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.