publicidade hoxe

O alcalde de Ourense valora a rápida resposta de Fomento ante a demanda “lexítima” do AVE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, valorou a “rápida resposta” do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, ante a demanda “lexítima” da cidade en relación coa chegada do AVE a Galicia.

Nun comunicado, indica que este martes pola tarde De la Serna recibiuno en Madrid, e agradécelle “que se reafirme con toda franqueza no seu compromiso inequívoco coa alta velocidade a Galicia e coa variante exterior de Ourense”.

“O diálogo é clave para aclarar as dúbidas que se puideron suscitar no marco dunha reflexión de carácter xeral”, apunta o Concello nun comunicado de prensa, cunha expresión exacta á que utilizou Fomento este martes noutra nota.

No encontro, segundo o Consistorio ourensán, “quedou de manifesto e ratificado que o compromiso do Goberno central con Ourense é firme, coa variante exterior como un dos proxectos que están na axenda do ministerio”.

Así mesmo, engade que o ministro “foi sensible e eficaz na súa resposta ante unha demanda moi necesaria e lexítima da sociedade ourensá”.

14 de decembro de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.