publicidade hoxe

Licitadas por 680.000 euros as obras para a execución dunha nova captación en vendas da barreira en Riós e a mellora de abastecemento e saneamento en Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaRiós
A-
A+

A Xunta de Galicia licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2hSNTU5) por case 680.000 euros as obras para a execución dunha nova captación en Vendas da Barreira, no Concello de Riós, e a mellora das redes de saneamento e abastecemento, no Concello de Celanova.

Trátase de dúas actuacións da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio coas que se pretende garantir o saneamento e abastecemento á poboación do rural en calidade e cantidade suficiente, mellorar a eficiencia do servizo de abastecemento municipal, o que a largo prazo xera menores custos de mantemento. Ambas actuacións se levan a cabo no marco dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e as entidades locais.

No caso da actuación do Concello de Riós, os traballos consistirán na execución dunha nova captación en Vendas da Barreira, por un importe case 350.000 euros. A necesidade desta actuación reside no feito de que Riós se abastece dende o depósito xeral de Vendas da Barreira, alimentado polo bombeo de auga situado no río Mente. As obras consistirán na execución dunha nova captación de auga, e as conducións necesarias, que permita o transporte da mesma por gravidade dende os nacentes dun afluente do río onde actualmente se capta. Esta mellora dará servizo a unha poboación estimada de 1.800 habitantes.

Tamén se actuará na rede xeral, polo que dende o depósito-arqueta de reunión ata o punto de conexión na rede actual, no cruce co Río Mente, instalarase unha tubaxe en varios tramos cunha lonxitude distinta, 1.416, 1.864 e 445 m; e o último tramo será de fundición cunha lonxitude de máis de dous quilómetros (2.041 metros).

Por outro lado, a actuación nas redes de abastecemento e saneamento no Concello de Celanova, por un importe de case 330.000 euros, permitirá mellorar a situación destas infraestruturas en Feal e Casetas de Ansemil.

Actualmente, os núcleos de Feal e Casetas de Ansemil non dispoñen de rede de saneamento e a rede de abastecemento non se atopa nun estado satisfactorio. Por este motivo, executaranse novas rede de saneamento e abastecemento, que se conectarán ás xa existentes, para dotar destes servizos ás vivendas emprazadas na zona.

21 de decembro de 2016 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.