Leiceaga sobre os prespuestos do Concello de Pontevedra: “Cando o Bloque está na oposición iso tamén acontece”
O voceiro do PSdeG no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, referiuse este xoves en Santiago á situación do Concello de Pontevedra, onde o BNG acusou a oposición de orquestrar “unha moción de censura encuberta” polas súas emendas aos presupostos municipais.
“Hai unha diferenza de criterios respecto aos presupostos como existe noutros concellos”, indicou Leiceaga, para logo negar que a oposición -PP, PSOE, Marea de Pontevedra e Ciudadanos- estean a facer unha ‘pinza’ o Goberno local do BNG. “Cando o Bloque está na oposición iso tamén acontece”, apostilou.
O BNG goberna en minoría en Pontevedra polo que os votos da oposición obrigaron a incluír no proxecto de presupostos para o próximo ano un total de 22 das 34 emendas presentadas.
O rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu o pasado mércores nunha rolda de prensa convocada con urxencia para expresar o seu enfado ante unhas emendas que, segundo asegurou, na práctica “impiden gobernar” ao BNG, que o está a facer dunha forma “brillante, positiva”.











