publicidade hoxe

Jorge Duarte declarará como investigado polas sancións de locais de ocio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O concelleiro de Espazos Ciudadanos do Concello de Santiago, Jorge Duarte (Compostela Aberta), foi chamado a declarar como investigado para o próximo 15 de febreiro no marco das dilixencias abertas pola tramitación de sancións a locais de ocio na capital galega.

El mesmo o confirmou nunha rolda de prensa convocada de urxencia na Casa do Concello compostelano tras recibir a citación e na que compareceu el só ante os medios de comunicación.

Precisamente, este mércores, a mesa de diálogo co sector da hostalaría nocturna, despois de varias semanas de polémica polas queixas polas sancións que impoñía o Concello, finalizou cun acordo para a aprobación dunha nova instrución sobre os auditorios dos locais.

O obxectivo é unificar os criterios, a partir do Código Técnico de Edificación que marca que a forma de evacuación dos locais ten que ser que determine o seu auditorio, máis alá das súas dimensións.

Tras o encontro deste mércores, no que participou o alcalde, Martiño Noriega, o propio concelleiro de Espazos Cidadáns explicaron que a instrución “permitirá que todos os establecementos se guíen por unha única normativa de auditorios, sen ter en conta de qué ano é a súa licenza”.

DILIXENCIAS ABERTAS

A Fiscalía abriu dilixencias para descubrir se Jorge Duarte cometera trato de favor con algúns locais de ocio nocturno da cidade a raíz dunha denuncia presentada no Ministerio fiscal.

Cando transcendeu a noticia, Duarte asegurou que se tramitaran os expedientes e que o concello cumpría a normativa de sancións e peche. Pola súa parte, un grupo de bares e pubs protestou por, precisamente, un “rigor excesivo” á hora de facer cumprir a lei.

1 de decembro de 2016 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.