Igualdade defende a necesidade de redobrar esforzos para visibilizar ás vítimas da violencia de xénero na infancia e a adolescencia
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu hoxe a necesidade dar visibilidade aos adolescentes, nenos e nenas que conviven nun ámbito onde existe violencia de xénero, pola “especial situación de vulnerabilidade” na que se atopan, durante a presentación da xornada “Sistema de protección á infancia e á adolescencia”, en colaboración coa Fundación Juan Soñador.
López Abella explicou que a maioría das mulleres vítimas desta lacra sitúanse nunha franxa de idade na que teñen fillos e fillas ao seu cargo; o que fai que en moitos casos estes nenos e nenas se convertan en ferramentas para exercer sobre as súas nais ameazas e coaccións e presentan no futuro secuelas emocionais e comportamentos violentos.