publicidade hoxe

Francisco Conde resalta o labor da Unión Profesional de Galicia na defensa dos intereses dos profesionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Francisco Conde na entrega da Medalla de Honra a José María Arrojo. Foto: C. Paz

Francisco Conde na entrega da Medalla de Honra a José María Arrojo. Foto: C. Paz

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou hoxe o labor da Unión Profesional de Galicia na defensa dos profesionais galegos, así como na promoción da formación e as boas prácticas e como interlocutor coa Administración, fomentando o diálogo e a colaboración.

Conde participou este mediodía en Santiago na entrega da Medalla de Honra da entidade a José María Arrojo, destacando o seu esforzo e dedicación á fronte dunha entidade que presidiu entre 2008 e 2015 e que hoxe representa a máis de 40 colexios profesionais e a 65.000 profesionais colexiados nunha trintena de titulacións universitarias.

No encontro, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, sinalou que “fan falta profesionais, emprendedores e empresarios para poñer en marcha a Galicia do futuro”, polo que remarcou o esforzo da Xunta para apoialos.

Así, sinalou entre outras medidas que o Goberno galego traballa pola simplificación administrativa e a eliminación de barreiras burocráticas, ademais de facer fincapé no incremento do 60% dos apoios a autónomos nos orzamentos de 2017, que recollen tamén un aumento nun 44% dos recursos para os financiamento de autónomos, pemes e microempresas.

16 de decembro de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.