Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple en Vigo
Unha colisión múltiple entre tres vehículos saldouse este luns con dúas persoas feridas en Vigo, pasados uns minutos das 9,30 horas, segundo informa o 112.
Un particular informou ao 112 do accidente, á altura do número 28 da rúa Couto Piñeiro. Entón, foron alertados Urxencias Médicas e Policía Local, Protección Civil e os bombeiros da cidade.
Os dous feridos foron trasladados polo persoal sanitario ao Hospital Perpetuo Socorro da localidade.
A FONSAGRADA
Por outra parte, na Fonsagrada (Lugo), unha saída de vía na LU-530, na parroquia do Padrón -lugar de Montouto–¡, deixou a dúas persoas feridas.
Trátase dunha parella de avanzada idade e o home, segundo indican fontes do 112, necesitou asistencia sanitaria, tras un sinistro que se produciu sobre as 13,45 horas.