publicidade hoxe

Convócase para o 23 de decembro aos titulares de terreos afectados pola mellora do acceso ao polígono de Sequeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarro
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no PK 8+250 da estrada PO-531, no Concello de Barro. No seguinte enlace pódese consultar a información relativa a esta resolución publicada hoxe no DOG: goo.gl/bLeQQH

Os titulares dos terreos, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Barro, deberán achegarse á Casa Consistorial o vindeiro 23 de decembro, entre as 9.30 e 11.30 horas, coa fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados.

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia estas actuacións mediante a achega económica dun orzamento de máis de 502.000 euros.

O obxectivo principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra a vía neste tramo.

As actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros (p.k.8+250). A construción da rotonda, ademais de mellorar a seguridade viaria no cruce ao evitar os numerosos cruzamentos que se producen desde o carril central actual, conseguirá minimizar o tráfico na contorna do p.k. 8. O exceso de velocidade identificouse como unha das principais causas da accidentalidade que se rexistra no tramo; por tanto, a execución da glorieta, que obrigará á redución da velocidade por parte dos condutores, colaborará a mellorar a seguridade viaria da PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro.

O proxecto tamén contempla a execución de paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na sinalización. A actuación compleméntase coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada.

9 de decembro de 2016 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.