A Xunta lanza un curso de formación en prevención e loita contra a violencia de xénero nas redes de informacion xuvenil
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentaron esta mañá en Santiago, o curso Formación en prevención e loita da Violencia de Xénero. Coñecer para actuar.
Susana López Abella indicou que as actuacións dende a perspectiva de xénero no ámbito e educativo son estratéxicas para avanzar cara a un modelo de sociedade máis xusta e acorde coas necesidades actuais. Así mesmo, destacou o traballo das Rede de Información Xuvenil, onde se ofrece información de primeira man aos máis xóvenes sobra a prevención e a loita contra a violencia de xénero, ademais de explicarlles os recursos e os programas que teñen á súa disposición.
Os obxectivos do curso son coñecer e entender a orixe da violencia de xénero; incorporar boas prácticas profesionais para a prevención, a detección e a información ante posibles casos de violencia de xénero; concepto e tipificación da violencia de xénero; o ciclo da violencia de xénero. Así como o bo trato; as falsas crenzas da violencia de xénero, os mitos, estereotipos e realidades; as consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e nos seus fillos e fillas; a trata de mulleres e nenas con fins de explotación; e os recursos e programas de atención a vítimas de violencia de xénero en Galicia.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, lembrou que estes cursos van dirixidos ao persoal dos Espazos Xove, aos técnicos/as e informadores/as xuvenís, así como aos profesionais interesados nesta temática, co obxecto de que poidan realizar actuacións entre a mocidade na súa zona de influencia para lograr conciencialos sobre a igualdade de xénero e evitar a lacra da violencia de xénero.
Xunto coa Secretaría Xeral de Igualdade, dita Dirección Xeral dedicou o día Europeo da información xuvenil á igualdade e prevención da violencia de xénero, “que foi o que dou lugar a que agora puxeramos en marcha esta formación, que agardamos sexa do voso interese e proveito”, concluíu Cecilia Vázquez.