publicidade hoxe

A Xunta interésase pola situación da empresa Acteco tras o incendio que arrasou a súa nave en Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixo
A-
A+
Ovidio Rodeiro  na reunión co alcalde de Arteixo e o xerente de Acteco

Ovidio Rodeiro na reunión co alcalde de Arteixo e o xerente de Acteco

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, recibiu esta mañá ao xerente da empresa Acteco productos y servicios, S.L., Jorge Ramis, cuxa planta de Arteixo resultou destruída o pasado domingo por un incendio. Ao encontro acudiu tamén o alcalde da localidade, Carlos Calvelo.

O delegado territorial da Xunta na Coruña interesouse polos detalles do suceso e moi en particular pola situación dos traballadores afectados. Ovidio Rodeiro mostrou a disposición do Goberno autonómico a colaborar para que a empresa recupere canto antes a normalidade.

7 de decembro de 2016 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.