publicidade hoxe

A Xunta destaca a colaboración cos concellos para mellorar os servizos prestados aos cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+
Alfonso Rueda na visita a Catoira

Alfonso Rueda na visita a Catoira

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da colaboración entre a Xunta de Galicia os concellos para levar a cabo pequenas obras que redundan directamente no benestar dos cidadáns.

O vicepresidente, acompañado do delegado territorial da Xunta na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe as actuacións realizados ao abeiro das axudas do seu departamento nos concellos de Catoira e Moraña.

Por unha banda, en Catoira, as diferentes ordes de axuda da Vicepresidencia supuxeron un investimento de preto de 50.000 euros (48.457) este ano para a mellora das dotacións da casa do Concello.

Catoira acolleuse á convocatoria destinada á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia para seguir mellorando a súa nova casa Consistorial, que supuxo 35.000 euros outorgados ao abeiro desta orde para o acondicionamento das dependencias da alcaldía, así como secretaría, sala de comisións ou sala de espera. Ademais, Catoira tamén recibiu 13.500 euros do Fondo de Compensación Ambiental para o equipamento con led na nova casa do concello.

Hai que destacar que desde 2009 o Concello de Catoira recibiu máis de 580.000 euros en axudas da Xunta para a construción e o acondicionamento da súa nova Casa Consistorial.

En Moraña, pola súa banda, as axudas da Vicepresidencia ascenderon a 73.000 euros este ano, un importe que supuxo a posibilidade de mellorar os servizos que se lle prestan aos cidadáns no eido do saneamento e das instalacións deportivas.

Así, a conexión ao saneamento da parroquia de Santa Xusta foi posible grazas a unha achega de 33.000 euros da orde destinada á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia e a instalación dunha pista multideporte (en Santa Lucía, parroquia de Saiáns) de libre acceso, que contou cunha achega de 40.000 euros procedente da orde de infraestruturas.

16 de decembro de 2016 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.