publicidade hoxe

A Xunta anima a agasallar con Artesanía de Galicia nas festas de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Sol Vázquez na visita á tenda-obradoiro Media Lúa. Foto: X. Crespo

Sol Vázquez na visita á tenda-obradoiro Media Lúa. Foto: X. Crespo

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, animou hoxe a agasallar produtos de Artesanía de Galicia este Nadal, subliñando a calidade e a diversidade do sector artesán galego.

Durante a súa visita á tenda/obradoiro Media Lúa, situada no casco histórico de Santiago de Compostela, Vázquez Abeal salientou así mesmo a aposta polo comercio de proximidade en datas tan significativas para o sector, e que supoñen un importante impulso ao mesmo.

A directora xeral de Comercio sinalou tamén que establecementos como Media Lúa son un exemplo de como o comercio de proximidade contribúe á dinamización das rúas das vilas e cidades galegas, e de como a innovación é clave para impulsar a competitividade do comercio tradicional, achegando novos servizos aos clientes.

Inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o espazo de Media Lúa conta cunha tenda e obradoiro especializado en marroquinería que combina cunha tenda on line. O negocio ofrece artigos únicos e orixinais elaborados no propio establecemento (complementos persoais, material de escritorio, elementos de decoración, agasallos de empresa e complementos para o sector da hostelería) xunto a pezas de outros obradoiros galegos e do resto de España e Portugal.

9 de decembro de 2016 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.