publicidade hoxe

A Deputación de Ourense liderará unha mesa de traballo para potenciar o sector da castaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe na Casa Consistorial de Riós cos alcaldes dos concellos de Riós, Castrelo do Val, A Mezquita e A Gudiña e con produtores de castaña para analizar temas referidos ao presente e futuro do sector da castaña nesta comarca. Baltar visitou as explotacións que resultaron seriamente danadas por mor do temporal, e acordouse constituír unha mesa de traballo, liderada pola Deputación de Ourense e integrada por concellos e produtores, para potenciar o produto estrela da nosa gastronomía ourensá”, expresou o presidente do goberno provincial.

Asemade, Manuel Baltar afirmou que se potenciará o Centro Agroforestal “e prestaremos apoio técnico para avaliar os danos causados na castaña polo temporal e coordinar os traballos de limpeza de fincas coa axuda das brigadas medioambientais”. Tamén anunciou o presidente que a Deputación de Ourense “ponse a disposición do consello regulador para fortalecer o seu labor e contribuír a divulgar as vantaxes do cooperativismo e da profesionalización do sector da castaña”. “O compromiso é total –remarcou Manuel Baltar-, tendo como guía o estudo Promercado, desenvolvido polo Inorde co obxectivo levar a cabo accións que permitan impulsar a produción e comercialización dos produtos endóxenos da provincia de Ourense dende o punto de vista empresarial, da análise de mercado e da cooperación intersectorial”.

Baltar reafirmouse, como xa anunciara no Debate sobre o Estado da Provincia en novembro pasado que a Deputación de Ourense seguirá solicitando ao Goberno a elección de Ourense-Riós para o Centro Nacional de Referencia do Castaño, “que demandamos dende aquí, instando ao goberno de Galicia a potenciar todo o relacionado con este produto”.

28 de decembro de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.