publicidade hoxe

A Deputación de Lugo organiza charlas informativas sobre a tenza responsable de animais en Sarria e Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMondoñedoSarria
A-
A+

A Deputación de Lugo, a través da Área de Medio Ambiente e en cooperación coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti organiza os días 20, en Mondoñedo, e 22 de decembro, en Sarria, charlas informativas sobre a tenza responsable de animais domésticos. Estes actos inclúense dentro da campaña de concienciación cidadá emprendida polo organismo provincial, co fin de informar sobre as obrigas e responsabilidades dos veciños que teñen macostas.

En Mondoñedo, as charlas terán lugar o 20 de decembro na Centro Comarcal; ás 13.00 horas, o evento estará dirixido ao persoal funcionario e aos técnicos dos concellos da comarca da Mariña; e ás 20.00 horas, ao público en xeral. Do mesmo xeito, o 22 de decembro en Sarria tamén se celebrarán dúas sesións: ás 13.00 horas, para o persoal municipal dos municipios da comarca de Sarria; e ás 20.00 horas, para toda a cidadanía interesada, que poderá formular as súas dúbidas e cuestións.

As charlas teñen unha duración aproximada de unha hora e contan coa participación da Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo. Entre os temas que se abordarán, figuran a normativa para a tenza de cans perigosos, a instalación de micropchips en mascostas para que poidan ser localizadas en caso de pérdida ou roubo e a sensabilización con respecto da situación dos cans abandonados e a esterilización, entre outros.

Os encontros servirán tamén para achegarlles aos asistentes as novidades que introducirá a nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, na que se recollen situacións que poderían ser constitutivas de infracción administrativa ou, en función do caso, incluso ser consideradas delito, xa que os animais están igualmente protexidos polo Código Penal.

Lexislación sobre protección animal

A lexislación vixente establece certas obrigas de carácter básico para as persoas que decidan ter un animal doméstico. Entre elas, destacan a obrigatoriedade de ofrecerlle os coidados veterinarios precisos, así como mantelo nunhas condicións hixénico-sanitarias boas; procurar un aloxamento apropiado, acorde ás características do animal; ofrecer unha alimentación adecuada; implatación do microchip identificativo e inscribilo no Rexistro Municipal correspondente. Ademais, a lexislación tamén recolle a obrigatoriedade de proporcionarlle o exercicio e os estímulos precisos para levar unha vida saudable, cubrindo todas as súas necesidades, tanto físicas, como mentais ou emocionais.

19 de decembro de 2016 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.