publicidade hoxe

A Deputación da Coruña licita a reparación do firme das estradas de San Pedro de Visma a Mazaido e de Arteixo a Caión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaArteixo
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de contratación mediante procedemento aberto das obras de mellora das estradas DP 3003 de San Pedro de Visma a Mazaído, do punto quilométrico 1+200 ata o final da vía, e DP 0514 entre Arteixo e Caión, do punto quilométrico 6+800 ao 8+300, pertencentes aos concellos da Coruña e Arteixo.

A Deputación destina 284.500 euros a este proxecto, cuxo obxecto principal é a renovación do firme, que actualmente está deteriorado, coa aplicación dunha mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor en todo o ancho da calzada DP3003 e de 6 centímetros na DP0514.

As obras financiadas pola institución provincial incluirán o fresado de zonas en mal estado e naquelas nas que sexa necesario para que os bordes queden elevados. Asemade, executaranse cunetas de formigón con tubos de drenaxe baixo as mesmas, co obxecto de mellorar o sistema de evacuación de augas da zona.

Estes traballos tamén servirán para renovar a sinalización horizontal e vertical e limpar a totalidade das marxes e os bueiros das dúas vías, incluíndo o transporte dos residuos resultantes ao vertedoiro.

9 de decembro de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.