publicidade hoxe

A Deputación da Coruña inicia as obras dunha nova senda peonil en Mens

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

A Deputación da Coruña comezou esta semana as obras de construción dunha nova senda peonil na estrada provincial DP 4307 de Malpica a Ponteceso.

A senda, que supón un investimento de 83.784,42 euros, terá 790 metros de lonxitude e ubícase no lugar de Mens, dando continuidade á existente actualmente entre os puntos quilométricos 5 e 6. O andén peonil continuará así ata o PK 4+210, mellorando a seguridade da estrada provincial.

As obras comezaron coa retirada de todos os elementos de mobiliario urbano afectados pola obra, entre eles sinais de tráfico e biondas, o desbroce das cunetas e a demolición do pavemento asfáltico na marxe dereita da calzada. A nova senda terá un ancho total de 2,10 metros, dos que 0,30 m. correspoden á zona de seguridade entre a calzada e o andén peonil.

O proxecto inclúe tamén rede de recollida de pluviais e a reposición de sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución é de catro meses.

2 de decembro de 2016 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.