publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financiará as obras de rehabilitación de dous lavadoiros en Corcubión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCorcubión
A-
A+

A Deputación de Coruña destinará 11.000 euros a financiar os proxectos de rehabilitación e reconstrución de dous lavadoiros no concello de Corcubión. Un deles, no lugar de Quenxe, suporá un investimento de 5.515,84 euros e o segundo, na rúa Médico Vicente Fraguela, contará con 5.492,25 de orzamento. Ambas achegas foron aprobadas por unanimidade no último pleno da corporación provincial e representan o 80% do custe total das obras.

A primeira das actuacións, levarase a cabo no lavadoiro situado no lugar de Quenxe, no Concello de Corcubión, e contempla a demolición da cuberta actual e do pavemento de formigón que rodea a instalación, dado o seu actual estado de deterioro. As obras inclúen a construción dunha nova estrutura de madeira de castiñeiro que rematará nunha nova cuberta de tella do país. Asi mesmo, dotarase ao lavadoiro dun novo pavemento a base de lousas de granito albero.

Con esta actuación contribuirse a recuperar un elemento da cultura tradicional galega, facéndoo ademais con materiais autóctonos que se integren mellor co entorno que o rodea.

Para unha mellor canalización das augas, colocarase un novo colector soterrado de PVC para conducir as augas ao exterior, así como a execución dun colector de 125 m, que recolla a auga , mediante a instalación de sumidoiros no camiño, a fonte e baixo pavimento que rodea o lavadoiro.

Na segunda das obras, situada na rúa Médico Fraguela, tamén no Concello de Corcubión, as obras pretenden a recuperación e posta en funcionamento do lavadoiro situado neste lugar, sen uso dende hai anos. Para isto, desmontarase a parte da infraestrutura que queda en pé para montalo de novo a poucos metros do seu lugar de orixe, polo que serán necesarias pequenas obra de movemento de terras e canalizacións de abastecemento e saneamento de auga.

7 de decembro de 2016 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.