publicidade hoxe

A Deputación da Coruña encarga un proxecto para ampliar a ponte de Rebardille nas Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs Pontes
A-
A+

A Deputación da Coruña licita por 12.100 euros a redacción dun proxecto de ampliación da plataforma e o taboleiro da ponte sobre o río Rebardille, no termo municipal de As Pontes.

Os tramos contiguos da estrada de titularidade provincial DP1802 xa están sendo ampliados mediante unha obra incluída do Plan de Vías Provinciais, respondendo á política da Deputación de aumentar o ancho dos viais máis estreitos nos máis de 2.000 quilómetros cos que conta a rede provincial de estradas.

Agora, o proxecto que licita a Deputación pretende tamén ampliar a sección da estrada que discorre sobre o río, para conseguir que sexa homoxénea ao resto do trazado, permitindo un correcto cruce dos usuarios nunha zona onde a visibilidade é limitada, con curvas moi pechadas.

O proxecto que encarga o departamento de Vías e Obras da institución provincial deberá establecer a ampliación dos accesos e o taboleiro da ponte aproveitando a estrutura actual, á que se aplicarán as actuacións de reforzo necesarias, mediante a execución dunha plataforma en voladizo acorde á sección da estrada nos tramos contiguos.

O proxecto deberá contemplar unha execución sen afecciones ás propiedades colindantes nin ao río, e incluír, entre outros aspectos, un estudo do impacto ambiental, controis de calidade e solucións para o tráfico durante a execución da obra.

As empresar interesadas teñen de prazo ata o día 5 de xaneiro para presentar as súas propostas a través do Rexistro Xeral da Deputación.

21 de decembro de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.