A Deputación da Coruña colabora na mostra “O sindicalismo galego na Transición (1972/1977)”
A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín participou hoxe na inauguración da exposición “O sindicalismo galego na Transición (1972/1977)” que tivo lugar no Pabellón do Estudiantado do Campus Universitario da Coruña. No acto participaron tamén o director da Fundación “Moncho Reboiras”, Manuel Mera, e o profesor da UDC, Uxío-Breogán Diéguez.
A área de Cultura da Deputación da Coruña colabora na exposición “O sindicalismo galego na Transición (1972/1977)” que permanecerá aberta desde hoxe ata o vindeiro 13 de xaneiro no Pabellón do Estudiantado da Universidade da Coruña para seguir a súa itinerancia na cidade de Compostela
A mostra consta de 13 paneis nos que se aborda cun enfoque divulgativo a xénese, desenvolvemento e consolidación do sindicalismo galego no contexto de pulo do movemento obreiro nos últimos anos do franquismo e na Transición. Un caderno divulgativo de 32 páxinas e un vídeo documentario de 15 minutos completan o proxecto que inclúe tamén conferencias-coloquio que se realizarán proximamente na Coruña e Compostela, coa participación de especialistas.
No acto de inauguración, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, destacou a relevancia de recuperar a nosa propia historia e, de maneira especial, a memoria do movemento obreiro galego e dunha etapa crucial como a da Transición, tema central e obxectivo do proxecto que se presentou na Coruña.











