publicidade hoxe

A Deputación aproba o expedente de contratación para as obras do campo de fútbol de herba sintética de Meaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeañoPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra “campo de fútbol de céspede sintético e urbanización de accesos en Meaño”.

A semana pasada xa se aprobara o proxecto, cun importe orzamentado en 674.911,17 € e que responde á addenda asinada en novembro coa alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha.

Dende a publicación do anuncio da contratación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as empresas terán un prazo de 26 días para a presentación de propostas. Valoraranse tanto o programa do proxecto como a memoria do proceso de realización dos traballos, o programa de actuacións medioambientais, o equipo de traballo, o plan de control de calidade e actuacións ambientais, aspectos relacionados coa seguridade e saúde así como o menor prezo ofertado.

12 de decembro de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.