publicidade hoxe

A Consellería do Mar inviste 50.000 euros na construción de 24 novas prazas de amarre para embarcacións pesqueiras no porto do Freixo, en Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOutes
A-
A+

A Consellería do Mar vén de habilitar 24 novas prazas de amarre para embarcacións pesqueiras no porto do Freixo, no municipio coruñés de Outes. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao municipio para comprobar os traballos, que contaron cun investimento de máis de 51.000 euros.

A actuación executada para a dotación de pantaláns de 3ª lista supuxo a creación de 24 prazas: 16 para embarcacións de 6 metros; 4 para embarcacións de 8 metros; e 4 para as de 10 metros. Deste xeito a Consellería do Mar dá resposta a actual lista de espera, de 16 barcos, e prevé prazas de reserva.

Os novos módulos de pantalán para pesqueiros están enganchados á punta dos pantaláns centrais de 7ª lista que existían anteriormente. Deste xeito a distancia ata o dique supera os 20 metros, o que permite a boa maniobrabilidade das embarcacións no seu acceso á dársena.

Esta actuación súmase á executada antes do verán para a reparación do sistema de fondeo no dique aboiante do Freixo así como á dotación de pantaláns para a náutica recreativa, executados uns meses antes. Deste xeito, o investimento global no porto do Freixo no último ano superou os 130.000 euros.

20 de decembro de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.