publicidade hoxe

A Consellería de Sanidade destaca a importancia de escoitar a voz dos pacientes na loita contra as enfermidades raras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Jesús Vázquez na inauguración da xornada

Jesús Vázquez na inauguración da xornada

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu hoxe, no edificio administrativo do Sergas, o acto de inauguración dunha Xornada sobre Enfermidades Raras e Déficits Inmunitarios Primarios, cuxo obxectivo é coñecer o enfoque que os profesionais en Galicia fan das enfermidades raras en xeral e das inmunodeficiencias en particular, así como saber a maneira de abordar os problemas comúns noutras comunidades autónomas e escoitar a voz dos pacientes afectados e das súas asociacións. Na inauguración, o conselleiro estivo acompañado pola subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade do Sergas, Beatriz Pais Iglesias.

Neste foro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou que “é preciso que todos os axentes do sistema sanitario traballemos da man, de xeito coordinado, buscando os mellores niveis de atención, contando cos recursos dispoñibles. Buscamos e aplicamos formas de organización que optimicen os nosos procesos e eliminen ineficiencias, e é un feito que escoitar a voz dos pacientes, as súas demandas e as súas iniciativas contribúen a elo”.

Segundo sinalou Almuiña, “estamos convencidos de que a incorporación dos pacientes e das asociacións de pacientes como cómplices dos profesionais e xestores sanitarios volve o noso traballo máis humano, máis cercano á razón de ser de calquera sistema que é a misión de servizo e de atención ás persoas. Os pacientes son unha fonte inagotable de oportunidades de mellora; o sabemos e dende a Consellería de Sanidade queremos seguir a contar coa cidadanía e cos pacientes, -remarcou-.

“Somos conscientes de que no tema das enfermidades raras e as inmunodeficiencias cambiaron moito as cousas a mellor, comprobamos que os esforzos dan os seus froitos, pero, tamén, sabemos que nos queda aínda camiño por andar. No mundo das enfermidades raras existen cada día máis posibilidades de diagnóstico e hai continuos avances na abordaxe terapéutica, o cal é moi estimulante para os pacientes, clínicos e xestores sanitarios, e, ao mesmo tempo, todo un desafío para as administracións sanitarias que velan por unha asistencia eficiente e ética, ao tempo que se garante a sustentabilidade do sistema, -concluíu o conselleiro-.

15 de decembro de 2016 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.