publicidade hoxe

Santiago Villanueva confía en que o caso de Diana Quer se resolva de forma positiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, trasladou a súa confianza en que o caso de Diana Quer se resolva “de forma positiva”, ao ser preguntado polo tempo transcorrido dende a súa desaparición, a finais de agosto na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Sobre esta investigación, reiterou que segue “aberta” e que as actuacións se centran na análise do móbil da moza madrileña; das cámaras “e da documentación que ten a Garda Civil”. A iso, sumou a “comprobación” de todas as declaracións efectuadas ata o momento.

Mentres, insistiu en que son “benvidos” todos aqueles datos que poidan achegar os cidadáns. Preguntado se está preocupado polo tempo que transcorreu dende a desaparición da moza, admitiu que lle preocupa. “Calquera caso que hai pendente de resolver, nos preocupa”, subliñou.

Por outra parte, e en liña coas súas manifestacións dos últimos días, indicou que a Garda Civil segue traballando para esclarecer o caso. “Dunha forma moi profesional e moi intensa”, dixo. Ademais, insistiu en que se destinarán “todos os medios necesarios como se fai noutros casos tamén”.

25 de novembro de 2016 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.