publicidade hoxe

Política Social instrúe a un grupo de 15 persoas en aprovisionamento e almacenaxe en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Europa Press

Un grupo de 15 participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 –co-financiada pola Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo- rematou onte no concello de Carballo un curso de aprovisionamento e almacenaxe na venda. Foi organizado polo equipo de Inclusión Sociolaboral nese concello coruñés, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Consellería de Política Social.

Esas 15 persoas recibiron entre o 23 e o 28 de novembro un total de 22 horas e media de formación, coa finalidade de que adquirisen os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder realizar as actividades de almacenaxe e aprovisionamento no sector do comercio e, en xeral, aumentar as súas posibilidades de integrarse no mercado laboral.

O curso é unha das actuacións incluídas nos itinerarios de inserción sociolaboral que preparan os equipos de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para os participantes na Estratexia Social de Galicia 2014-2020.

29 de novembro de 2016 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.