O Tribunal Supremo confirma o dereito da UVigo a deducirse o 100% de IVE na investigación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Europa Press

A Sala III do contencioso-administrativo confirmou a sentenza da Audiencia Nacional polo que declarou o dereito da Universidade de Vigo a deducirse o 100 por cento das cotas de IVE soportado na actividade de investigación básica do exercicio 2011.

Así, segundo recolle a sentenza difundida polo TSXG, o Supremo rexeita o recurso do avogado do Estado, despois de que a Administración tributaria considerase que debía aplicarse o réxime de pro rata xeral porque eses bens e servizos “eran utilizados de forma común polo sector do ensino superior e o de investigación”.

Pola contra, a sentenza que agora confirma o Tribunal Supremo, conclúe que ao sector de actividade de investigación lle corresponde o 100 por cento da dedución, que é a porcentaxe aplicable ás cotas soportadas tanto nos proxectos de investigación aplicada, coma nos de investigación básica.

24 de novembro de 2016 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.