O PSdeG levará ao Parlamento os problemas fiscais dos emigrantes retornados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Europa Press

O voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, avanzou que a súa formación levará á Cámara galega os “problemas” en materia fiscal dos emigrantes retornados así como as “dificultades” que teñen para acceder á sanidade pública galega despois de cotizar “noutros lugares durante moitos anos”.

En declaracións aos medios antes de recibir ás principais asociacións de emigrantes retornados, Leiceaga denunciou que este colectivo “volve recibir notificacións con sancións en relación coas declaracións do IRPF dos anos 2011 e 2012”, cuestións que “xa crían solucionas”.

Ao respecto, aínda que recoñeceu que “é unha cuestión que depende basicamente da Axencia Tributaria”, explicou que Galicia “tamén ten competencias” en materia de IRPF” polo que trasladará esta problemática ao Parlamento de Galicia.

Ademais, segundo indicou, o PSdeG tamén levará á Cámara galega “os problemas de acceso dos emigrantes retornados galegos ao sistema de sanidade, ao Sergas”. “Hai emigrantes que retornan a Galicia e que, como consecuencia de non ter aquí un contrato laboral, teñen dificultades para acceder ao sistema sanitario despois de estar noutros lugares cotizando durante moitos anos”, advertiu.

Nesta liña, tamén denunciou a existencia de “problemas” en relación aos servizos sociais xa que, como sinalou, hai persoas que queren volver a Galicia pero que “solo cando están aquí e fixan a súa residencia aquí poden solicitar prazas en residencias da Xunta, o que dificulta o seu retorno”.

24 de novembro de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.