publicidade hoxe

O documental ‘Shoots from Abyssinia, ou sur’ preséntase en Cineuropa este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O documental ‘Shoots from Abyssinia, ou sur’, con guión, edición e imaxe de Ovidio Fernández Sánchez, preséntase este sábado no marco da 30 edición de Cineuropa. Será ás 16,00 horas, no Salón Teatro.

Producido por Catarina e Marcos Fernández Fondevila, o documental aborda a historia dun neno galego, Abdi, de 10 anos que sente a necesidade de furgar nas súas raíces africanas, como xa fixera un ano antes o seu irmán Abdul.

De aí que os dous viaxen xuntos a Etiopía para somerxerse no seu país de orixe e coñecer máis sobre a súa etnia, os gurage.

O documental vai fiando sucesivas aventuras da viaxe, unha ‘road movie’ que desmontará os tópicos occidentais sobre este inmenso país e que rematará onde o homo sapiens se levantou e empezou a dar os primeiros pasos: o deserto de Danakil.

18 de novembro de 2016 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.