Enocións By Ribeiro celebra na Coruña a súa segunda sesión con Adrián Costa e Lucía Regueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Enocións by Ribeiro, ciclo organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, celebrará o próximo mércores 30 de novembro a súa segunda sesión na Coruña, na Sala Garufa ás 20,00 horas e coa actuación do ‘bluesman’ internacional Adrián Costa e a presenza da actriz Lucía Regueiro.

Regueiro encargarase de presentar un acto no que o público degustará unha selección de viños da D.O. Ribeiro, formada por Terreo Viñoa (Terreo Viñoa); Colección 68 Treixadura (Viña Costeira); Carlos Villanueva (Adegas Villanueva), e Eduardo Peña (Adega Eduardo Peña). As entradas para esta segunda Enoción By Ribeiro na Coruña pódense adquirir a través de https://www.ticketea.com.

Este programa de actividades quere reflectir, segundo destacan os organizadores, “as emocións que xorden ao degustar os viños da denominación de orixe máis antiga de Galicia, ao tempo que se goza con distintas expresións artísticas”.

A música, a gastronomía e as artes escénicas son algunhas das manifestacións culturais nas que o ciclo centra a súa atención. O ciclo comezou a súa andaina o pasado ano 2015 en Santiago e neste mes de novembro estreouse en A Coruña. A primeira das sesións na cidade herculina tivo lugar no Hotel Finisterre o pasado luns, cunha sesión con Pepe Solla e Analís.

OS CONVIDADOS

Adrián Costa é un cantante e guitarrista nacido en Santiago en 1979, e un dos representantes máis valorados do ‘blues’ español. A súa traxectoria empezou coa banda The Red Blues Band e en 1999 trasladouse a Madrid, xunto ao armonicista Marcos Coll, para forma parte da Tonky Blues Band, grazas á que tivo a oportunidade de colaborar con artistas do nivel de Buddy Miles (Jimi Hendrix Band of Gypsys) ou Mick Taylor (The Rolling Stones).

Anos máis tardes, Marcos e Adrián formaron un novo grupo baixo o nome Los Reyes do K.O. En Enocións by Ribeiro, acompañado polo seu maquineto (un vello ‘sampler’ que sempre o acompaña e que lle permite gravarse e regravarse en directo) presentará as influencias adquiridas nestes anos en California.

Lucía Regueiro, actriz e presentadora, é licenciada en Periodismo, leva máis de quince anos asomada á pequena pantalla, traballando en series de éxito como ‘Libro de familia’ (TVG), ‘Amar é para sempre’ (A3) e ‘Serramoura’ (TVG).

Ademais, Regueiro compaxina o seu traballo na ficción televisiva con diferentes proxectos teatrais e cinematográficos. Durante dous anos foi copresentador do icónico ‘Luar’ xunto a Xosé Ramón Gayoso.

24 de novembro de 2016 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.