publicidade hoxe

Dous mozos feridos nun dobre atropelo nun paso de peóns en Bergondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dous mozos de 18 anos resultaron feridos, un deles grave -atópase en coma inducida-, en Guísamo, Bergondo (A Coruña), nun dobre atropelo acontecido sobre as 8,15 horas deste martes. Segundo informou Protección Civil de Bergondo, os mozos cruzaba correctamente nun paso de peóns “sinalizado” e nun día de “boa visibilidade”. Primeiro foi atropelado un dos rapaces por un vehículo e deseguido un segundo coche que viña detrás arrastrou o outro.

Un dos rapaces é veciño do municipio de Bergondo e o outro de Betanzos, ambos os dous ían coller o autobús para ir a clases na universidade da Coruña. Segundo informa o CAE 112 Galicia, foron particulares os que alertaron do atropelo de dúas persoas por dous vehículos na N-VIN, á altura do cruzamento de Cambre.

O CAE 112 Galicia requiriu a intervención dos profesionais sanitarios que mobilizaron dúas ambulancias, unha UVI móbil que trasladou ata o CHUAC ao primeiro rapaz atropelado, e, unha asistencial que trasladou ao outro mozo ferido e cun ataque de ansiedade.

Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes de Tráfico. Os Bombeiros de Betanzos tamén foron informados do acontecido polo 112 Galicia.

15 de novembro de 2016 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.